5 de Julho de 2009

C'mmons baby! #36 (festa de amigos)

cmmons baby!36 festa de amigos
Levamos tres ducias de emisións e imos celebralo cunha pequena festa para os amigos: cancións que falan de amizade e desas persoas que están aí para soportar e axudar cando é preciso. Unha grande aperta para todos neste tempo de verán(?) e aniversarios; dedicado aos que se alegran de toparte pola noite, ou polo día, e abrazan e bican de corazón e con risos.
Aproveitamos tamén para presentarvos o sinxelo adianto do novo disco dos galegos Dios ke te krew.



Enlaces relacionados: Uncle Owen Aunt Beru en Birdsong (netlabel); Volumina en Peppermill Records; We'll make it right en In a cabin with; Duobit en Neurotyka.

22 de Junho de 2009

C'mmons baby! #35 (entrevista a noiserv)

cmmons baby!35 entrevista a noiserv
Hoxe traemos a primeira das entrevistas que realizamos o pasado 5 de xuño en Porto, aproveitando o concerto duplo que deran no Contagiarte: b (fachada) e noiserv.
David Santos, noiserv, falou con nós da súa música, da netlabel Merzbau (que o deu a coñecer) e da música como xeito de expresión máis que como negocio. Nos seus directos toca varios instrumentos a un tempo mentres por detrás del, nunha pantalla, van aparecendo os debuxos que a súa prima Diana vai realizando tamén ao vivo. Ela ilustrou tamén o seu primeiro disco, One Hundred Miles From Thoughtlessness. A foto que ilustra esta emisión é de Adriana Boiça Silva.

  • Noiserv. Tokyo girl
  • Noiserv. Download
  • Noiserv. Perkaholic
  • Noiserv. Bullets on parade

Enlaces relacionados: Merzbau.

7 de Junho de 2009

C'mmons baby! #34 (fóra de tono)

cmmons baby!34 fora de tono
Fóra chove e dentro aínda sentimos a resaca de emocións musicais que b (fachada) e noiserv nos fixeron sentir no espazo cultural Contagiarte do Porto. Encetamos un novo espazo para músicas menos pop-rock, fóra de tono, a petición dun ouvinte; por recomendación doutro descubrimos ao Dúo Cobra e presentamos cadenseu segundo disco dos starstarsar e os The Wind Whistles.


Enlaces relacionados: A Regueifa; Aerotone; Clinical Archives; Rack & Ruin; Aaahh Records.

25 de Maio de 2009

C'mmons baby! #33 (falares e unha toalla)

cmmons baby!33 falares e unha toalla
Aproveitando que o pasado 21 de maio foi o día da diversidade cultural, iniciamos o C'mmons baby! en inglés (:P) e facemos unha pequena viaxe por linguas aínda pouco "populares" á hora de cantar nesta península nosa: asturiano, éuscaro e catalán... Tamén polo aquel do DdoOLeR e o día da Toalla paramos un chisco en Portugal para darlle a bemvinda ao regresso do netlabel You Are Not Stealing Records. Rematamos cun adianto do xa inminente novo disco dos Ataque Escampe, A grande evasión.


Enlaces relacionados: A Regueifa; You Are Not Stealing Records; Mundurat.net, musikherria.org; Seiurte; musicalliure.cat; Quimera Records; Toli Morilla; Xera.

10 de Maio de 2009

C'mmons baby! #32 (árdelles o peito)

cmmons baby!32 ardelles o peito
Encetamos a semana das Letras, das nosas letras, facendo un pequeno repaso polas novidades na música libre galega destas últimas semanas. Fixemos especial detenemento na Regueifa Plataforma e Fanny + Alexander que, hai pouco, fixo os tres anos desque presentaran aquel Lusco e fusco, e apostaron por pór música aos novos valores da nosa literatura.


Enlaces relacionados: A Regueifa; A Polo Ghit; Os John Deres en Nsaio; Komunikando.

3 de Maio de 2009

Radio Oceánica (7)

Recupero as entradas das miñas colaboracións en Radio Oceánica, que tiña algo abandonadas. Este domingo 3 de maio fixen a seguinte escolma (ainda que só puideron emitirse 4 cancións por falta de tempo).

E non soaron: Gosprom. Japan Punk e The Franks. Neon Politik.

Podedes baixar os temas aquí (43.66 MB) e escoitar a emisión despois, cando o suban e queirades, aquí, calcando en Horario e gravacións.

26 de Abril de 2009

C'mmons baby! #31 (nouvelle cuisine)

cmmons baby!31 nouvelle cuisine
Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria"; aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria" (a entrevista fíxose na terraza do bar As Dúas, onde non é raro escoitar as músicas recollidas nas escolmas de C'mmons baby! ao tempo que comedes unha das súas fabulosas tostas).
Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.

Enlaces relacionados: Nouvelle Cuisine no myspace; Merzbau; Lonxa Cultural; Festival do Norte; Keyboard Rebel, Bar As Dúas.