12 de Outubro de 2008

C'mmons baby!#17 (homes e planetas)

commonsbaby16 (mahalab)
Despois da pausa de verán e as mudanzas de morada... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel, outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby!

Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.

0 comentarios:

Enviar um comentário